REUNIÓN INFORMATIVA PARA OS REPRESENTANTES DAS COMPARSAS DE ENTROIDO NO PAZO DA CULTURA
A xuntanza, para avanzar as liñas xerais das bases de participación no Festival de Entroido, dará comezo ás 19:00 horas
Narón, 12 de xaneiro de 2024. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro luns, día 15, unha reunión informativa sobre a celebración do Entroido na cidade, convocatoria que se levará a cabo o día 10 de febreiro. A esta xuntanza están convidados os representantes das comparsas interesadas en participar nesta celebración.
A reunión, na que se avanzarán as liñas xerais das bases de participación no festival de comparsas, dará comezo ás 19:00 horas, tal e como se indicou dende o Padroado da Cultura.