Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU ESTA MAÑÁ NO CONCELLO A ALUMNADO DO CPI O FEAL
Marián Ferreiro reuniuse cunha vintena de nenas e nenos de sexto curso de educación Infantil
Narón, 6 de febreiro de 2024. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu hoxe no salón de plenos a escolares de sexto de educación Infantil do CPI O Feal que participan no programa de visitas de coñecemento da administración local impulsado dende o Consistorio. Algo máis dunha vintena de menores, xunto con docentes do centro, desprazáronse ao Concello con motivo desta actividade, que se desenvolve cada ano coincidindo co curso escolar. Unha vez no Consistorio os escolares son recibidos na planta baixa, onde respostan a unha serie de preguntas interactivas sobre o lugar no que se atopan. A continuación, respostan a preguntas sobre que é e que se fai nun Concello e tamén se coñecen a contorna da cidade para iniciar posteriormente unha serie de xogos. As nenas e nenos son recibidos pola rexedora local no salón de plenos, onde lle preguntaron varios asuntos relacionados coa cidade e tamén co cargo que ostenta. Unha vez nesa ubicación tamén reciben información sobre que é un salón de plenos, que se fai alí, os símbolos… Rematado o encontro o grupo realiza unha foto de recordo nun photocall preparado para a ocasión e retoma o programa desta actividade, realizando un puzle xigante sobre Narón e visitando as dependencias da Policía Local, onde tamén reciben información e realizan preguntas aos axentes do equipo de Educación Viaria de Narón. Finalizada esta visita, os escolares regresan de novo ás súas aulas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal