Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE INFANTIL "GLORIA, A POETA DOS NENOS/AS"
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, informou que a actividade se levará a cabo este sábado
Narón, 14 de febreiro de 2024. As nenas e nenos que queiran participar este sábado na actividade infantil “Gloria, a poeta dos nenos/as” poden anotarse na Biblioteca municipal. A concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, explicou que tras cumprirse a finais do pasado ano o 25 aniversario do pasamento da poeta dos nenos, Gloria Fuertes, se deseñou esta proposta, co fin de que “os nenos e nenas non perdan o legado que nos deixou”. A actividade dará comezo ás 11:00 horas e consistirá na lectura de “O meu primeiro libro sobre Gloria Fuertes”, de Antonio A. Gómez Yebra. Os menores participantes –diríxese a nenas e nenos a partir de 4 anos- escoitarán a súa particular voz e elaborarán un crebacabezas coa súa imaxe e un dos seus poemas. Para poder anotarse na actividade é preciso que as nenas e nenos teñan cumpridos os 4 anos e o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendientes. As prazas poden reservarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal