Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN XURADO PROFESIONAL VALORARÁ MAÑÁ AS CATORCE ELABORACIÓNS PRESENTADAS AO "IX CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO"
O certame, organizado polo Concello, rematará mañá, tal e como apuntou a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro
Narón, 14 de febreiro de 2024. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá mañá a cata na que un xurado profesional determinará cal é a mellor das tapas presentadas ao “IX Concurso de tapas de Entroido” organizado polo Concello. Catorce locais de hostalería da cidade optan a este premio, que se determinará unha vez que os integrantes do xurado caten cada unha das elaboracións que realizaron. A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, indicou que a convocatoria se realizará dende as 17:00 ata as 19:00 horas de mañá xoves e avanzou que o nome do establecemento gañador se dará a coñecer xunto co do resto de premiados no certame, nun acto no que se procederá á entrega dos premios aos establecementos e tamén á clientela que estes días –dende o pasado 8 ata mañá- degustará as diferentes elaboracións. Nesta edición do certame participará como xurado Javier Rodríguez, “Taky”, cociñeiro do Grupo Nove que estudou no Centro Superior de Hostelería de Santiago e completou a súa formación noutras comunidades do país e tamén no estranxeiro. Actualmente adícase ao mundo dos caterings e eventos, tras dirixir restaurantes como o Playa Club da Coruña ou a Taberna del Alabardero en Washington. A súa cociña está orientada ao sabor, con preferencia cara aos produtos do interior de Galicia. Formará tamén parte do xurado Samuel Pérez, que estudou no CIFP Compostela, actualmente é docente do CIFP Fraga do Eume e recoñecido profesional no mundo da hostelería. O terceiro integrante do xurado será Marco Soriano, xornalista gastronómico que colabora en diversos suplementos especializados nesta área e que ten xunto con Ana Prieto o blog: lacocinaesvida.com. O xurado profesional determinará o establecemento gañador dun premio en metálico de 500 euros e a clientela, a través dos seus votos nun sistema dixital, fará o propio con outro dun importe de 300 euros. A maiores o certame contempla un permio de tres ceas, valoradas en 100 euros cada unha, para a clientela que estes días participa votando as diferentes elaboracións e que deberán desfrutar con un prazo, como máximo, ata o 15 de marzo nalgún dos establecementos de hostalería participantes. A edil de Promoción Económica recordou que aínda se pode participar hoxe e mañá no certame nos establecementos: O Tapeo, o bar A Toxiña, o mesón Con Arte, Nueva Orleáns, cervexaría Australian, Casa Sindo, El Olivo cocina bar, Fame Kanalla, Confeitura, Silver, bar Tauro, hotel A Roldana, El Colonial e Mamá Flora.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal