Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
A unidade estará os días 20 e 21 de febreiro nas inmediacións do centro de saúde en horario de tarde
Narón, 15 de febreiro de 2024. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro martes e mércores, días 20 e 21, na cidade, concretamente nas inmediacións do centro de saúde. O vehículo permanecerá operativo en ambas xornadas en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal