Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSARÁ O PROGRAMA "QUEDAMOS?", DE ACTIVIDADES PARA A MOCIDADE DE NARÓN DURANTE A SEMANA SANTA
O edil de Mocidade, Ibán Santalla, informou que se dirixe a mozas e mozos de entre 12 e 16 ano
Narón, 14 de marzo de 2024. A Casa da Mocidade acollerá durante a Semana Santa un programa de actividades dirixidas a mozas e mozos de Narón de entre 12 e 16 anos. Así o avanzou o concelleiro de Mocidade, Ibán Santalla, explicou que se trata da iniciativa “Quedamos?”, que é de balde e que non require inscrición previa. Os días 25, 26, 27, 30 de marzo e 1 de abril, en horario de tarde, de 17:30 a 20:30, as persoas participantes acudirán a obradoiros afectivo-sexuais, de personalización de roupa, de rotulación, desfrutarán dun escape room e tamén terán á súa disposición unha zona gamer, xogos de mesa, un espazo creativo e unha zona de xogos recreativos, tal e como avanzou Santalla. “Queremos ofrecer durante a Semana Santa unha serie de propostas para a mocidade de Narón, moi variadas todas elas e nun único espazo que lles sirva de encontro e socialización”, apuntou o edil naronés. Santalla animou ás mozas e mozos aos que se dirixe “a participar nestas propostas, similares ás que programamos o pasado ano neste mesmo espazo e que tiveron moi boa acollida”. O proxecto está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade, a través do programa Plan Correponsables no ámbito local. As persoas interesadas en recibir máis información poden chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1111) ou escribir ao correo electrónico: omix@naron.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal