Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS FAMILIAS QUE DESEXEN PARTICIPAR NO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou que o programa se desenvolve entre os meses de xullo e setembro
Narón, 22 de marzo de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, informou do inicio da campaña informativa para que as familias que o desexen poidan participar este ano no programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en colaboración co Concello de Narón. A acollida dos menores procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís en Tinduf (Arxelia) será dende principios de xullo ata comezos do mes de setembro, un período no que os menores poderán afastarse das duras condicións meteorolóxicas do deserto arxelino, que chegan a a superar os 50 graos á sombra. A mellora das condicións sanitarias e alimenticias dos menores, perfeccionar a aprendizaxe da lingua castelá que estudan nos seus colexios e o coñecemento da lingua e cultura galegas e xerar vínculos coas familias de acollida forman tamén parte dos obxectivos deste programa. As familias que desexen participar e ter en acollida a menores de entre 8 e 12 anos poden contactar coa delegada en Ferrolterra da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, chamando ao número de teléfono: 618 379 868.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal