Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CARPA INFORMATIVA DA CAMPAÑA "TI TES A CHAVE" ESTARÁ DE NOVO OPERATIVA O VINDEIRO LUNS NA CIDADE
O edil de Servizos, Manuel Ramos, recordou que se instalaron medio cento de colectores marróns no termo municipal
Narón, 22 de marzo de 2024. A carpa informativa sobre a campaña de biorresiduos a través da que se continúan desenvolvendo accións de rúa estará de novo a vindeira semana operativa. En concreto, tal e como avanzou o edil de Servizos e Medio Ambiente, Manuel Ramos, ubicarase o luns 25 nas inmediacións do novo centro de saúde, entre as 10:30 e as 13:30 horas e ese mesmo día pola tarde, de 15:30 a 18:30 horas no parque do Río Freixeiro. A carpa está atendida por dúas persoas, debidamente identificadas, que atenden á veciñanza, explicándolles en que consiste a campaña “Ti tes a chave” e tamén ofrecendo a posibilidade de que se sumen á mesma. Aquelas persoas que desexen utilizar estes colectores de residuos orgánicos deben inscribirse previamente a través dun código QR que se poderá escanear das redes sociais do Concello ou do formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf8mEIf1eWInT4EmbXdfUJZkcYZZYH440Cr3Pu_XAyrsoatlw/viewform?pli=1. As primeiras 500 recibirán un kit de benvida, que inclúe a tarxeta para abrir os contenedores, un cubo de uso doméstico de dez litros de capacidade e varias bolsas compostables e os grandes produtores e hostaleiros recibirán un lote de bolsas de 120 litros de capacidade. En total instaláronse medio cento de colectores nos barrios de Xuvia, O Alto, Freixeiro, A Gándara e A Solaina, coincidindo coas zonas de maior densidade de poboación e mesmo de locais de hostalería e zonas comerciais. Para obter máis información sobre a campaña e os seus requisitos pódese chamar ao número de teléfono 981 397 007 en horario de 10:00 a 14:00 ou escribir un correo electrónico á dirección: servizosbasicos@naron.gal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal