Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FEGAMP INFORMOU Á ALCALDESA QUE O SERVIZO DE MADRUGADORES XA ESTÁ INCORPORADO NOS TRABALLOS DA COMISIÓN DE DELIMITACIÓN DAS COMPETENCIAS DESTE ORGANISMO COA XUNTA DE GALICIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, solicitara unha xuntanza co presidente da Fegamp, Alberto Varela, que se celebrou hoxe en Compostela´ e á que tamén acudiu o edil de Facenda, Román Romero
Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024.- O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, mantivo hoxe unha xuntanza coa alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e co concelleiro de Facenda, Román Romero, para abordar a situación do servizo de “madrugadores” nos centros de ensino de Narón. Marián Ferreiro expuxo que para Narón é un gran problema que o servizo de “madrugadores” continúe a “depender das asociacións de nais e pais da alumnas/os, soportando uns custos que tiñan que ser asumidos pola Xunta de Galicia, como administración pública competente desta materia”. A alcaldesa de Narón sinalou que “a Consellería de Educación segue sen facerse cargo deste servizo, imprescindible para moitas familias, e con grave risco de non poder ser mantido nas actuais condicións no vindeiro curso”. E dende o concello non poden facerse cargo deste servizo por non ser competentes e polo indicado nos informes da Intervención do concello de que exercer novas competencias ou asumir novos servizos “pon en risco á facenda local a superar a capacidade de financiamento dos compromisos de gasto dentro dos límites de déficit, débeda pública e morosidade comercial que establece a lexislación de estabilidade orzamentaria”. Ferreiro salientou que ten solicitado poder xuntarse co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para abordar esta cuestión, sen haber obtido resposta aínda. Pola súa banda, o presidente da FEGAMP confirmou que este asunto xa está incorporado dentro dos traballos da comisión técnica da delimitación de competencias local e autonómica, que conseguiuse abrir pola presión dos concellos galegos diante da Xunta de Galicia polo déficit de 600 millóns de euros provocado aos concellos por ter que asumir competencias da Xunta, e que debe retomar con urxencia os seus traballos, ralentizados pola convocatoria das eleccións galegas do pasado 18 de febreiro.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal