Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL CHEGA A UN ACORDO COAS ANPAS PARA MANTER O SERVIZO DE MADRUGADORES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, solicitará unha reunión co conselleiro de Educación na que participen representantes das Anpas nas que se ofrece o servizo
Narón, 18 de abril de 2024. O goberno local e as Anpas de Narón chegaron na tarde de onte a un acordo para manter temporalmente a xestión do servizo de madrugadores. A rexedora local, Marián Ferreiro, e a edil de Ensino, Olga Ameneiro, reuníronse no Consistorio con representantes das Anpas A Buxaina (CEIP A Gándara); As Aceas (CEIP Piñeiros); Anpa do CEIP A Solaina; Galatea (CEIP Virxe do Mar); O Buxato (CPI do Feal) e a do CRA de Narón para abordar esta problemática e chegar entre as dúas partes a un acordo que garanta a continuidade deste servizo que precisan moitas familias da cidade. O citado acordo implica que as Anpas continuarán coa xestión de forma transitoria mentres o goberno local avanza no cumprimento dos prazos legais previstos para sacar a licitación a contratación da xestión do servizo. Posteriormente o Concello asumiráo de xeito transitorio ata que a Xunta asuma esta competencia, ao igual que a do servizo de comedor ao mediodía. Ademais, a alcaldesa da cidade enviará un escrito ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, urxindo unha reunión á que a maiores de Ferreiro acudiría a edil de Educación e un representante de cada unha das sete Anpas dos centros da cidade -os seis indicados e o CEIP Ponte de Xuvia- que ofrecen o servizo de madrugadores. A finalidade do encontro, tal e como apuntou a edil de Ensino, é “solicitar á Xunta que asuma unha das súas competencias en materia educativa para que nin as Anpas nin o Concello teñan que asumir unha tarefa que non lles corresponde e poder garantir a prestación do servizo por parte da administración autonómica”. Dende o goberno local valorouse positivamente o acordo acadado onte e incidiuse no compromiso “de continuar traballando como viñemos facendo ata agora para poder plantexar unha solución a un problema que afecta a numerosas familias e que precisa do compromiso real, con medidas efectivas sobre a mesa, neste caso asumir esta competencia, por parte de todos os grupos con representación na Xunta de Galicia, algo que lamentablemente ata o de agora non aconteceu pero que confiamos en acadar conxuntamente coas Anpas e as familias afectadas”.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal