Celébrase os días 15 e 16 de xullo na área recreativa de Pedroso, con entrada libre.
Narón, 6 de Xullo de 2011.- A área recreativa de Pedroso acollerá, os dias 15 e 16 de xullo, o XI Festival da Terra e da Lingua “Derrubando os muros da (des)informaÇom” organizado pola Fundación Artabria, en colaboración coa Concellería de Mocidade de Narón.
O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa pola edil da área, Natalia Hermida, e os responsables da organización. O programa do Festival é o seguinte:
Venres 15 de xullo (ás 22:00 horas)
Actuación musical dos seguintes grupos: Nhió!, Resíduos Atractivas, Sacha na horta, e Eina.
Sábado 16 de xullo (ás 22:00 horas)
Actuación musical de Arenga, Chotokoeu, Die Tsunami, e Dios ke te crew.
Ademáis dos concertos, durante estos dous días haberá churrascada, unha zona de acampada, un torneo de futbol 3, un festival infantil, exposicións e debates sobre os medios de comunicación.
A Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, fixo un chamamento á participación da xuventude neste festival, que cumpre xa o seu 11 aniversario.