Os espectáculos desenvolveranse entre setembro e decembro de 2012.
Narón, 6 de Setembro de 2012.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron hoxe en rolda de prensa a programación cultural de teatro, danza e maxia que acollerá o Pazo de Cultura de setembro a decembro de 2012.
En total, son 16 espectáculos (12 de teatro, 1 de maxia e 3 de danza) de enorme calidade, que supoñen un orzamento total de 112.082€ (financiados coa aportación do Concello -69.991€-, AGADIC -39.000€- e a Deputación -3.090€-).
O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou a enorme calidade da programación cultural deste último cuatrimestre de 2012, “a pesares de ter que reducir 350.000€ nos orzamentos deste ano. Estou orgulloso de poder manter o nivel que ten caracterizado a Narón dende sempre, e penso que ningún concello de Galicia que teña menos de 100.000 habitantes pode presumir do mesmo”, sinalou.
O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, apuntou na mesma dirección ó lembrar que “apostamos por traer unha programación de calidade para os veciños, a pesares da crise que estanos a azotar a tódolos concellos”.
A programación cultural destos últimos meses do ano 2012 achegará a Narón a importantes actores do panorama cultural español, como Guillermo Toledo ou Nuria Espert, pero tamén actores e actrices procedentes da Escola de Teatro de Narón, entre outros.
Programación de setembro a decembro de 2012:
SETEMBRO
Xoves 13 e Venres 14: traxicomedia “Bonecas” producida polo dramaturgo naronés José Luis Prieto, e con actrices da Escola de Teatro de Narón.
Venres 21 e Sábado 22: teatro contemporáneo “A función do tequila” de Teatro do Morcego (entrada gratuita para os aboados. Compañía residente de Narón).
Sábado 29: comedia “El chico de la última fila” da compañía La fila de al lado.
OUTUBRO
Venres 5 e Sábado 6: comedia “Desfeitos” de Teatro Galileo (estrea en Narón).
Sábado 13: comedia “Contra el viento del norte” de Tanttaka Teatroa.
Sábado 20: teatro contemporáneo “El montaplatos” de Animalario (con Guillermo Toledo).
Sábado 27: maxia “15 ilusións para unha noite” de Creacións Máxicas Lirolai, S.L. (co ilusionista Martín Varela).
NOVEMBRO
Sábado 10: teatro contemporáneo “Citizen total” do Grupo Chévere.
Sábado 17: comedia “Tango” de Sarabela Teatro.
Sábado 24: comedia “O pior de Mofa e Befa” de Mofa e Befa.
DECEMBRO
Sábado 1: teatro contemporáneo “La loba” de Juanjo Seoane Producciones.
Venres 14 e Sábado 15: teatro contemporáneo “O profesional” do Centro Dramático Galego.
Mércores 26: danza contemporánea “Aínda” do Centro Coreográfico Galego.
Xoves 27: ballet-danza contemporánea “O Crebanoces” do Centro Coreográfico Galego.
Venres 28: danza contemporánea “Velázquez en can-ido?” da compañía galega de danza Jesús Quiroga.
O prezo das entradas e os horarios dos espectáculos seguen sendo os mesmos: entradas público xeral 9€, abonados 6,30€ e usuarios do carné xove e estudiantes –ata 25 anos- 5€. Os espectáculos se desenvolverán os venres ás 20:30 horas e os sábados ás 20:00 horas.