Haberá unha exposición e obradoiro de cabazas e maquillaxe, contos de Samaín e unha comitiva de luces e tebras percorrerá a parroquia.
Narón, 31 de Outubro de 2012.- O Centro Cívico Municipal de San Mateo celebra hoxe, 31 de outubro, a tradicional recreación do Samain a partires das 18:00 horas.
Esta actividade esta organizada polo Padroado de Cultura de Narón, en colaboración coa Agrupación Veciñal San Mateo de Trasancos. O programa de actos do Samain 2012 é o seguinte:
-Exposición e Obradoiro de Cabazas.
-Obradoiro de Maquillaxe.
-Contos do Samaín a cargo da Compañía “Os Quinquilláns”
-Comitiva de luces e tebras.
-Obradoiro do medo.
-Música tradicional.