O CONCELLO DE NARÓN DISTINGUE ÓS DEZ USUARIOS DE HONRA 2014 DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO
Os galardoados son as persoas que máis participaron nos servizos e propostas realizados dende a Biblioteca durante o ano pasado.
Narón, 17 de Xaneiro de 2015.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, desprazáronse hoxe á Biblioteca Municipal do Alto para distinguir ós “Socios de Honra 2014”. Por segundo ano consecutivo, o Concello de Narón recoñece a 5 usuarios infantís e outros tantos adultos, por ter participado activamente nos servizos e propostas realizados dende a Biblioteca.
Os galardoados nesta ocasión son as seguintes persoas:
Usuarios infantís (ata 14 anos de idade):
-Agustín González Rodeiro.
-Gael del Río Gómez.
-Aroa García Puentes.
-Carlota Celgar Moro.
-Claudia Celgar Moro.
Usuarios adultos:
-Iria Couce Ameneiro.
-Mónica Aneiros García.
-Alma Veiga Blanco.
-Julia Núñez Paredes.
-Antonio Rivero Iglesias.
A Biblioteca Municipal do Alto conta actualmente con 15.400 socios/as e ofrece os seguintes servizos: préstamo a domicilio e lectura en sala, información bibliográfica, boletíns de novidades, formación de usuarios, acceso a Internet e actividades de animación á lectura (contacontos, exposicións, cursos, obradoiros…).