Se celebra o domingo 1 de marzo no Recinto Feiral do Trece, con entrada libre. O día anterior haberá un Concurso de Mascotas.
Narón, 25 de Febreiro de 2015.- As Concelleiras de Feiras e Ocio (Mª del Mar Gómez) e Turismo (María Rodríguez Porto) presentaron hoxe en rolda de prensa a 4ª Exposición Nacional Canina ‘Cidade de Narón’ que terá lugar os días 28 de febreiro e 1 de marzo no Recinto Feiral do Trece (Sedes). O evento está organizado pola Sociedade Cinolóxica Galega- Expogal, cuxo presidente, Javier Dávila, participou hoxe na convocatoria.
O programa de actos iniciarase o sábado 28 de febreiro ás 17:30 horas coa celebración do IV Concurso de Mascotas onde poderán participar perros con e sen Pedigree, de tódolos tipos e clases. Clasificaranse nas seguintes categorías: Miss, Mister, King-Kong, e Pitufin. As inscricións poden realizarse no mesmo día dende unha hora antes, e o prezo é de 3 euros.
A Exposición Nacional Canina de Beleza terá lugar o domingo 1 de marzo, a partires das 10.00 horas coa entrega de documentación e comezo do control veterinario itinerante. De 11:00 a 14:00 horas, levaranse a cabo os xuízos da Exposición, ordenados segundo as razas. Está en xogo un punto para o Campionato Galego. As finais disputaranse a partires das 16:30 horas da tarde.
A organización establece as seguintes clases:
-Clase campións: para os exemplares que teñan o título de Campión de España ou dun país estranxeiro recoñecido internacionalmente Os propietarios deberán achegar xunto coa inscrición a copia do Título de Campión.
-Clase aberta: para os exemplares maiores de 18 meses. Non poderá inscribirse ningún Campión, excepto os campións doutras Comunidades Autónomas ou doutros países que queira optar ó título de Campión de España.
-Clase xoves: para os exemplares que teñan máis de 9 meses e menos de 18 meses.
-Clase cachorros: para os exemplares que teñan máis de 5 meses e menos de 9 meses.
-Clase moi cachorros: para os exemplares que teñan máis de 3 meses e menos de 5 meses.
-Clase parellas: para macho e femia da mesma raza e variedade e do mesmo propietario, presentados por unha mesma persoa.
-Grupo de cría: para os grupos de tres exemplares ou máis da mesma raza e variedade sen distinción de sexo, dun mesmo criador aínda que non sexan da súa propiedade no momento da exposición.
As inscricións poden realizarse a través da web www.expogal.es ou ben o mesmo día do concurso. As tarifas son as seguintes:
Primer exemplar: 20€
Segundo exemplar: 15 €
Tercer exemplar e máis: 10 €
Parellas: 15 €
Grupo de cría: gratis
Recoñecemento de raza para cans sen pedigree: 35 €
A Concelleira de Feiras e Ocio de Narón lembrou que no Concello leva xa catro anos apoiando este proxecto, que conta coa aprobación do público e de participantes “ e que se leva a cabo nun entorno que reúne as mellores condicións para a súa celebración” indicou Mª del Mar Gómez aludindo ó recinto feiral do Trece e ós seus redores.
Tamén a Concelleira de Turismo animou ós naroneses a acudir ata este lugar “para disfrutar e apoiar un evento destas características, con respecto mútuo ós que teñen e ós que non teñen mascotas” apuntou María Rodríguez Porto.