O CONCELLO E AS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS EXPOÑEN OS LISTADOS DE ALUMNOS ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR
Narón, 9 de Xuño de 2009.- A Concellería de Infancia, dirixida polo edil Miguel Hermida, ven de sacar a exposición pública o listado provisional de alumnos/as admitidos para o curso escolar 2009-2010 nas Escolas Infantís Municipais de Narón, situadas en A Solaina, Piñeiros e A Gándara.
As listas de admitidos poden consultarse no Concello de Narón e tamén nas tres Escolas Infantís Municipais, en horario de atención ó público. O prazo para presentar alegacións é de 10 días, e finaliza o vindeiro luns 15 de xuño.