UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS ESTARÁ A VINDEIRA SEMANA EN PEDROSO E NO VAL
A unidade móbil estará o xoves 13 en Pedroso e o venres 14 no Val en horario de mañá e tarde, tal e como anunciaron dende o servizo
Narón, 5 de maio de 2021. Unha unidade móbil para a Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase a vindeira semana á cidade, concretamente os días 13 e 14 de maio. Na primeira das xornadas, o día 13, a unidade móbil estará ubicada no campo da festa de Pedroso, e o venres 14 estará nas inmediacións da cooperativa do Val, en ambos casos en horario de mañá e de tarde, 9.30 a 13.30- e de 15.15 a 18.00.
As persoas interesadas en acudir poden pedir cita previa chamando ao número de teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com.