Estos días estará en A Solaina, O Alto, A Gándara e Piñeiros
Narón, 20 de Outubro de 2009.- A Concellería de Persoas Maiores de Narón, ó fronte da cal está Mª del Carmen Espada, ven de convocar catro novas edicións do programa “Mestres da Vida”, iniciado o pasado 14 de outubro na praza Alvaro Paradela (Freixeiro) co obxectivo de transmitir xogos e valores interxeneracionais ós máis novos. De iso ocúpanse un grupo de persoas maiores, acompañados de educadores sociais que os estiveron formando nesta actividade dende o pasado mes de xaneiro.
O calendario previsto é o seguinte:
Xoves 22 de outubro: Praza de A Solaina (ás 18:00 horas).
Venres 23 de outubro: Praza de Galicia (ás 18:00 horas)
Xoves 29 de outubro: Praza de A Gándara (ás 17:30 horas)
Venres 30 de outubro: Praza de Piñeiros (ás 17:30 horas)
No caso de choiva, as actividades trasladaranse ós locais sociais destos barrios excepto a convocatoria da Praza de Galicia, que trasladaríase á Casa da Cultura.
“Mestres da vida” nace coa idea de coñecer e compartir da man dos protagonistas a historia de Narón. As explicacións compleméntanse con obxectos antigos, revistas, e documentos de épocas pasadas. O programa está pensado para sensibilizar á xuventude sobre a importancia da convivencia interxeneracional, e promover a participación das persoas maiores na educación formal da infancia e mocidade a través desta iniciativa, que se ofertará como actividade extraescolar nos colexios de Narón.
As actividades incluidas neste obradoiro divídense en tres tipos: relato de vivencias personais, da infancia e mocidade en Narón, por parte das persoas maiores; difusión de contos tradicionais, explicados coa tranquilidade e o misterio que sólo as experiencias vividas aportan; e realización de xogos típicos doutros tempos coma a chave, o tiro de corda, o corte con tronzador, a rá, e a casiña.