Ofértanse clases de danza, gaita, percusión, canto e pandeireta, zanfona, debuxo, teatro, e construcción de instrumentos musicais.
Narón, 15 de setembro de 2011.- O Padroado de Cultura do Concello de Narón mantén aberto dende hoxe e ata o vindeiro 7 de outubro o prazo de matriculación para as Escolas Culturais Municipais. Os trámites pódense realizar no Pazo da Cultura, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas. Para máis información, pódese chamar ó teléfono 981 391 144.
A relación de Escolas Culturais ofertadas para este curso 2011/2012 é a seguinte:
-Danza tradicional.
-Gaita.
-Percusión tradicional.
-Canto e pandeireta.
-Zanfona.
-Debuxo.
-Teatro.
-Construcción de instrumentos.
-Danza contemporánea.
A matrícula destas escolas ten un prezo único de 45 euros anuais.