Foi a primeira reunión logo da chegada do novo Comisario, Angel Jesús Casanova.
Narón, 15 de setembro de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, recibíu hoxe no seu despacho ó novo Comisario Xefe da Comisaría de Policía Nacional de Ferrol-Narón, Angel Jesús Casanova Martínez.
A presentación oficial foi unha primeira toma de contacto entre o rexedor e o máximo responsable da Policía Nacional na comarca, e ambos manifestaron a súa intención de continuar coa coordinación e a colaboración entre ambas institucións. Tamén foron abordados algúns asuntos de interese xeral para o municipio de Narón.
Na reunión estiveron presentes ademáis o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o Concelleiro de Seguridade Cidadá de Narón, Guillermo Sánchez Fojo.