Acuden conxuntos das Illas Canarias, Turquía, Rusia, México e Narón.
Narón, 20 de Xullo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe unha recepción institucional ós grupos que participarán no XXII Festival Internacional de Folclore que se celebrará no Pazo da Cultura mañá sábado a partires das 21:00 horas, con entrada de balde.
Á convocatoria acudíu unha parella de cada formación, ataviada co traxe típico rexional, e o Alcalde obsequioulles cunha serie de libros e guías sobre o municipio de Narón. Ademáis, José Manuel Blanco deulles a benvida á cidade desexándolles “que teñades unha estancia acolledora, e que aproveitedes para coñecer Narón e o seu entorno”. O rexedor lembrou que este festival permite “coñecer a riqueza cultural que existe nos diferentes países do mundo”.
Tódolos participantes obsequiaron tamén ó Alcalde con diferentes souvenirs e productos típicos do seu país ou rexión, no caso das Illas Canarias.
Os grupos participantes nesta nova edición son os seguintes:
-Banda de gaitas do Padroado de Cultura de Narón.
-Grupo de danza tradicional “Alxibeira” de Narón.
-Asociación folklórica Estrella y Guía de Gran Canaria.
-Istambul Sis Performing Arts Youth and Sports Club Society de Turquía.
-Conxunto de Danza e Música “Rusia” de Krasnogorsk, Rusia.
-Compañía de Danza Folclórica “Alma Huasteca” e “Mariachi Son de Hidalgo” de México.