O CONCELLO OFERTA CURSOS DE INFORMÁTICA E NOVAS TECNOLOXÍAS PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO
O prazo de inscrición para o programa 'Habilita 2015' mantense aberto ata o vindeiro 23 de xaneiro.
Narón, 8 de Xaneiro de 2015.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, mantén aberto o prazo de inscrición para os Cursos do programa “Habilita 2015”, dirixidos a persoas desempregadas empadroadas en Narón e que sexan maiores de 18 anos.
Os interesados poden formalizar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón (en horario de 8:30 a 13:30 horas) ata o día 23 de xaneiro. Xunto coa instancia, deberán entregar unha fotocopia cotexada da tarxeta de demandante de emprego e outra do DNI ou similar.
En total ofértanse 15 cursos de Informática e Novas Tecnoloxías, e a selección do alumnado realizarase por rigorosa orde de inscrición, sendo os grupos dun máximo de 10 persoas.
Na páxina web do Concello poden consultarse os detalles dos cursos e descargarse a solicitude de inscrición:
(http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/concello/cursos_informatica_habilita_2015)
Relación de cursos ofertados:
-Mecanografía para adultos.
-Iniciación á Informática e Internet (quendas de mañá e de tarde).
-Básico procesador de textos (Open Office Writer).
-Básico follas de cálculo (Open Office Calc).
-Básico bases de datos (Open Office Base).
-Ferramentas web 2.0
-Marca persoal (quendas de mañá e de tarde).
-Redes sociais.
-Id. Dixital, administración electrónica (quendas de mañá e de tarde).
-Iniciación ao web mail e correo electrónico.
-Configuración e uso de dispositivos móbiles (quendas de mañá e de tarde).