A EMPRESA COSMA CORTARÁ MAÑÁ O SUBMINISTRO DE AUGA NUN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA E NA RÚA PASCUAL VEIGA
O edil de Servizos, Ibán Santalla, avanzou que o corte será efectivo entre as 22.00 horas de mañá venres e as 02.00 horas do sábado
Narón, 21 de xaneiro de 2021. A empresa Cosma cortará mañá pola noite o subministro de auga dende as 22.00 ata as 02.00 horas do sábado no tramo comprendido entre os números 103 e 121 da estrada de Castela, ambos incluídos, e en toda a rúa Pascual Veiga.
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que a medida responde á necesidade de levar a cabo obras de mantemento na rede e solicitou de antemán desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poida ocasionar.