UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ MAÑÁ NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DA GÁNDARA
O vehículo permanecerá operativo en horario de mañá e tarde, de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00
Narón, 27 de setembro de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará mañá na cidade, concretamente na zona da Praza da Gándara (rúa Pintor Sotomaior). O vehículo permanecerá operativo dende as 9.30 ata as 14.30 horas e tamén en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas.
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.