MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO EN RECORDO DAS VÍTIMAS DOS ATENTADOS DO 11-M E COMO MOSTRA DE SOLIDARIEDADE COAS SÚAS FAMILIAS
Á convocatoria acudiron representantes da corporación local e traballadores e traballadoras do Concello
Narón, 11 de marzo de 2024. O voceiro do grupo de goberno, Román Romero, presidiu esta mañá a convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para gardar un minuto de silencio como mostra do recordo solidario coas persoas falecidas nos atentados do 11-M, dos que hoxe se cumpren 20 anos.
No Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo, gardouse ás 12:00 horas ese minuto de silencio ante a porta principal do Concello, para recordar ás 193 persoas que faleceron a causa dos terribles atentados de Madrid. Á convocatoria acudiron outros integrantes da corporación local e traballadoras e traballadores do Concello.