O corpo da Policía Local do Concello de Narón xa conta cun Sistema de Supervisión e xestión de flotas que significará unha notable mellora nas condicións de traballo deste importante colectivo municipal.
O departamento de contratación procedeu á adxudicación á empresa Level Telecom S.L. do devandito sistema por un importe de 19.992,02 euros.
Con esta innovación tecnolóxica a polícía naronesa terá coñecemento inmediato e veraz da ubicación e intercomunicación da flota dos vehículos municipais destinados a este colectivo.