O CONCELLO PON EN SERVIZO O NOVO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE SANTA ICÍA, CUNHA SUPERFICIE DE XOGO DE 1.300 METROS CADRADOS
Entrará en funcionamento na vindeira temporada deportiva 2013/2014, e tamén será empregado polos alumnos/as do CEIP de A Solaina en horario escolar.
Narón, 17 de Xuño de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, e os representantes dos grupos políticos municipais visitaron hoxe o novo Pavillón Polideportivo de Santa Icía, construído xunto ó CEIP de A Solaina e que entrará en funcionamento a partires da próxima temporada deportiva.
A nova superficie deportiva será empregada polo colexio en horario escolar ata as 19:00 horas, a partires desa hora fará uso dela o Padroado de Deportes para actividades deportivas, e os fines de semana para competición oficial.
Esta obra contou cun orzamento total de 903.734,21 € repartidos do seguinte xeito:
-Fondos Feder (convocatoria 2007/2012): 569.903,10 €
-Aportación municipal: 265.024 €
-Obras complementarias financiadas polo Concello: 68.807,11 €
Características técnicas da nova instalación deportiva:
Superficie total: 1.995 m2
Pista: 1.305 m2
Planta 1ª: 426 m2
Servicios, vestiarios, e outros espazos: 386 m2
Gradas: 280 localidades (180 fixas + 100 supletorias)