A Caravana Feminista realizou en Narón os actos programados na cuarta edición da Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres
Narón, 6 de outubro de 2015 - O Pazo da Cultura de Narón acolleu a celebración da "Palestra" organizada pola Marcha Mundial das Mulleres con motivo da chegada á localidade da Caravana Feminista que desde o pasado 8 de marzo percorre varios países tras partir de Turquía. "Ecofeminismo e a realidade medioambiental da comarca" foi o lema do acto celebrado no municipio, unha charla na que interviñeron a activista do Sindicato Labrego Galego na loita contra a mineiría, Margarita Prieto; a abogada e integrante do Comité Cidadá de Emerxencia, Luz Marina Torrente, e a ecofeminista Begoña de Bernardo. Á convocatoria asistiron en representación do goberno local a tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Marián Ferreiro; e as edís de Acción Social, Catalina García; Promoción Social, Teresa Sabio, e Ensino, Mercedes Taibo.
As integrantes da Marcha Mundial das Mulleres pernoctaron en Aldea Nova, ao ceder o Concello as prazas do o albergue e facilitar ademais un servizo de autobús ata as instalacións e unha cea e o almorzo previos á súa marcha cara a Betanzos, por donde continuarán a ruta para chegar a Lisboa, según as previsións do colectivo, o vindeiro 17 de outubro.