Máis de 600 rapaces dos colexios de Narón percorreron o municipio en bicicleta para celebrar o Fin de Curso.
Narón, xoves 19 de Xuño de 2008.- Narón celebrou hoxe a sua primeira Marcha Ciclista Escolar, organizada pola Policía Local en colaboración co Concello. En representación da institución municipal, o alcalde, Xoán Gato, uníuse ó pelotón ó seu paso pola Casa Consistorial e acompañou en bicicleta ós escolares ata o paseo marítimo de Xuvia, onde tivo lugar unha festa para os nenos.
Os organizadores sortearon regalos e repartiron bocadillos e refrescos entre os alumnos de Educación Primaria dos seguintes colexios: A Solaina, Ayala, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Gándara, Piñeiros O Feal, o CRA e o Jorge Juan.
A primeira Marcha Ciclista Escolar foi promovida polo Concello para potenciar a educación vial e fomentar o uso da bicicleta e do casco entre os escolares.