O Concello planea un novo Centro de Día para a Terceira Idade na Praza de Galicia
O Alcalde de Narón, Juan Gato, ven de anunciar que o Concello vai presentar ao programa PRODER a sua intención de mercar baixos nos edificios da Praza de Galicia (xunto ao Concello e ao Auditorio Municipal) para fecer realidade a intención de que se constrúa un novo Centro de Día para a atención das persoas maiores.
De facerse realidade, a obra tería un presuposto cercano ao millón de euros e lograría incrementar a oferta asistencial do Concello aos maiores en máis de 500 novos metros cadrados.