O Alcalde repartíu os cheques regalo por valor total de 3.000 euros e os premios do I Concurso de Ambientación Navideña.
Narón, 3 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregou hoxe os cheques regalo da campaña municipal “Comprando en Narón, ti ganas” e os premios do concurso de ambientación navideña, convocado para os que os comerciantes participasen a través da decoración dos seus escaparates e do interior dos seus negocios.
Antes de facer entrega dos cheques (dous de 1.000€ e outros dous de 500€), o rexedor fecilitou publicamente ós comerciantes polo éxito de participación nesta campaña municipal. “Dende o Concello quixemos axudar a que as ventas propias do nadal se quedaran aquí, en Narón, e non foran a outros concellos da bisbarra ou da provincia. E polo resultado acadado, parece que logramos que así fora e que incluso se incrementaran as ventas”, declarou José Manuel Blanco.
O Alcalde explicou que nos 83 establecementos participantes repartíronse papeletas para o sorteo dos cheques para canxear nos establecementos asociados, chegando a recaudar un total de 22.000 boletos, o que da unha idea da boa aceptación desta campaña de apoio ó comercio local.
A continuación detállase a relación de persoas premiadas cos cheques de compra de 1.000€ e 500€.
Premios vales de 1.000€
- Maite Lopez Blanco (Narón).
- María Cristina Herva Blanco (Narón).
Premios vales de 500€
- María Piñeiro Rivas (Ferrol).
- Manuel Sanesteban Vez (A Coruña).
Relación de premiados no I Concurso de Ambientación Navideña:
- Primeiro premio (300€): Herbodietética Eva, A Gándara. (719 votos).
- Segundo premio (200€): Textil Franja, A Gándara (630 votos).
- Terceiro premio (100€): A Tenda de Sara, O Alto (239 votos).