ALUMN@S DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA REALIZAN PRÁCTICAS ACADÉMICAS NO ARQUIVO MUNICIPAL DE NARÓN
Son estudiantes de 3º da Facultade de Biblioteconomía e Documentación, que hoxe recibiron a visita do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
Narón, 25 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, visitou hoxe o Arquivo Municipal (situado no sótano do Concello) para saudar personalmente ós alumnos da Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña, que están a facer prácticas non profesionais da asignatura Practicum, neste lugar.
Trátase de tres persoas que estudian o 3º curso de Biblioteconomía e Documentación, e realizarán as prácticas no Concello grazas a un convenio asinado entre o Concello de Narón e a Universidade da Coruña fai dous anos. En total, realizarán 100 horas de prácticas (divididas de luns a venres, de 9 a 14 horas) entre o 10 de xaneiro e o 4 de febreiro, cando rematarán.
As funcións que realizan os universitarios no Arquivo divídense en dous tipos: por unha banda, traballan co arquivo administrativo (servindo documentos ós departamentos do Concello que o requiran, arquivando e facendo búsquedas en documentos e libros de actas, e elaborando índices e catálogos coa documentación existente) e por outra co arquivo histórico (limpeza e clasificación de documentos que teñen máis de 50 anos de antigüedade).
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, coñeceu de primeira man as tarefas que realizan e desexoulles sorte na súa andadura profesional, cando rematen a vida académica. Tamén púxolles á súa disposición o Arquivo, e o resto das dependencias municipais.
As prácticas están a ser coordinadas pola auxiliar de arquivo do Concello de Narón, Anabel Bello Platas.