ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO CURSO SOBRE "XESTIÓN DE REDES SOCIAIS CON CANVA E CHATGPT"
A formación é de balde e impartirase do 2 de maio ao 28 de xuño, tal e como recordou o edil de Novas Tencoloxías, Román Romero
Narón, 24 de abril de 2024. As persoas interesadas en realizar o curso sobre “Xestión de redes sociais con Canva e ChatGPT” disponen aínda dalgunhas vacantes para poder inscribirse, de balde. A convocatoria realízase a través da plataforma Cemit, polo que se impartirá na Aula Cemit de Xuvia, tal e como recordou o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero. Esta acción formativa impartirase dende o vindeiro 2 de maio ata o 28 de xuño, ambos incluídos.
Os módulos que se abordarán neste curso serán sobre: conceptos básicos da xestión de redes sociais; creación de contido social; abreviacións de enlaces; principiantes en redes sociais; comunicación social e xestión de redes sociais. As inscricións poden realizarse no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/45493.
Poderán participar un máximo de 12 persoas, coas que se completa o aforo da Aula Cemit de Xuvia.