RECEPCIÓN A DOUS NENOS DA LOCALIDADE RUSA DE CHERNÓBIL, QUE DISFRUTAN DO VERÁN EN NARÓN
O Concello de Narón colabora coa Asociación Ledicia Cativa para poder financiar os gastos da viaxe dos menores, que residen con familias de acollida.
Narón, 30 de Xuño de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu hoxe no Concello a Sofia e Maksin, dous pequenos de 9 anos de idade da rexión de Briansk (Rusia) que veñen a pasar o verán a Narón, dentro do programa de acollida da Asociación Ledicia Cativa.
Os pequenos veñen a Narón dende fai algúns anos, a disfrutar da época estival lonxe da contaminación da súa rexión natal, próxima a Chernóbil. Este ano, por vez primeira, o Concello de Narón colaborará coa Asociación Ledicia Cativa a través dun convenio que servirá para financiar os gastos da viaxe destes dous rapaces.
Hoxe o Alcalde saudou persoalmente ós nenos, que a pesar da súa corta idade xa falan algo de español, e entregoulles xunto coa Concelleira de Acción Social, Catalina García, sendos regalos. Foron agasallados cunha mochila para levar os libros ó colexio –ou para o que desexen- e un cheque por valor de 60€ para canxear por material escolar.
José Manuel Blanco deulles a benvida a Narón e desexoulles que pasen un verán “con moita praia e moitos xogos”. Asimesmo, o rexedor agradeceu a labor das familias de acollida “porque nas circunstancias actuais nas que nos estamos movendo, é destacable a solidariedade e a colaboración que prestades, e iso é algo digno de agradecer” sinalou o Alcalde.
A Concelleira de Acción Social explicou que a estancia destes nenos no noso país -alonxados dos efectos contaminantes que arrastrou a central nuclear de Chernóbil cara ás localidades próximas- “lles permite mellorar a súa saúde e a súa calidade de vida” sinalou Catalina García.