UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OPERATIVA O MÉRCORES E XOVES NA CIDADE
A unidade estará operativa o mércores e o xoves en horario de 15.30 a 21.00 horas
Narón, 21 de febreiro de 2022. Unha unidade móbil da Axencia para a Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase o mércores 23 de febreiro á cidade, estando operativa ao carón do novo Centro de Saúde de 15.30 a 21.00 horas e o xoves 24 de febreiro na Praza da Constitución da Solaina desde as 15.30 ata as 21.00 horas, segundo avanzaron desde ADOS.
Antes da doazón é preciso almorzar e no caso de xantar, deberán agardar dúas horas para realizar a extracción. Antes de doar haberá que presentar ao persoal da unidade móbil a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar no caso de que se estea tomando algún medicamento. Poden acudir a doar as persoas maiores de 18 anos e que pesen máis de 50 quilos.