CORTE DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO ESTE VENRES EN VARIAS RÚAS DO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A empresa subministradora indicou que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica na zona
Narón, 22 de febreiro de 2022. O Grupo Naturgy comunicou ao Concello que o vindeiro venres, día 25, procederá a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias rúas do polígono de Río do Pozo, segundo avanzou a empresa. En concreto, tal e como especificaron, entre as 02.00 e as 04.00 horas o corte afectará ás rúas Cesteiros e dos Mariñeiros e entre as 04.00 e as 06.30 horas, á avenida Bernardo Romero.
A medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica “precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministro da zona”, tal e como aseguraron.
Dende a compañía solicitaron de antemán desculpas polas posibles molestias que poida ocasionar a interrupción no subministro nesas zonas da cidade.