A entrada é libre, e participan sete corais de distintos lugares do país.
Narón, 15 de Abril de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o secretario da Sociedade Cultural Areosa, Bruno Mauriz, presentaron hoxe en rolda de prensa o VII Certame de Habaneras de narón que se celebra os días 17 e 18 de abril ás 18:30 horas no Auditorio Municipal da Praza de Galicia.
Este certame, organizado pola Sociedade Areosa, conta coa colaboración do Padroado de Cultura e da Deputación de A Coruña. As actuacións se repartirán nas dúas xornadas, do seguinte xeito:
Sábado 17: actuación da Agrupación musical do Centro de Maiores de Caixa Galicia (Ferrol), a Coral Airiños de Caranza (Ferrol), e o Coro de Adult@s Udaberría de Vitoria (Euskadi).
Domingo 18: actuación da Coral A Traiña de Cariño, Coral Polifónica de Melide, Coral Polifónica de Arbo (Pontevedra), e Coral da S.C. Areos de Piñeiros.
Ademáis estaba prevista a actuación da agrupación Coral Fenianos Portuenses de Oporto (Portugal) aínda que por motivos de forza maior non poderá asistir.
A entrada é libre, e dende a Asociación Areosa convídase a tódolos veciños a disfrutar de dúas tardes de música entorno á habanera “un xénero de grande implantación no noso país e moi vencellado á emigración”, declarou o seu secretario, Bruno Mauriz.
Este certame lévase celebrando dende o ano 2004 como unha das principais actividades da Sociedade Cultural Areosa, e as agrupacións participantes poden interpretar 4 temas (establecendo coma condición que 3 deles sexan habaneras, e deixando a libre elección o xénero da cuarta canción).