Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLEU A ENTREGA DOS DIPLOMAS AOS PARTICIPANTES NO PROGRAMA MUNICIPAL "ADIANTE NARÓN II"
O edil de Promoción Económica, David Pita, felicitou ás persoas que participaron nesta convocatoria
Narón, 28 de decembro de 2022. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou a pasada semana os diplomas da segunda edición do programa “Adiante Narón II”, no que participaron un total de quince persoas. O acto tivo lugar ás 9.30 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, ata onde se desprazaron algúns dos alumnos e alumnas do curso. A través deste programa apóstase por potenciar iniciativas emprendedoras e de autoemprego como alternativa ás opcións do actual mercado laboral. O programa dividiuse en catro bloques: Detección de oportunidades e piares do proxecto; Estratexia e dirección comercial; Análise de viabilidade e proxeccións económico financieiras e aspectos legais. As sesións, impartidas por profesionais nestas áreas, comezaron o pasado mes de novembro no Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e remataron este mes. Rematada a primeira edición do programa formativo realizouse un seguemento para acadar os obxectivos marcados e desenvolvéronse unha serie de actividades para dar apoio aos emprendedores e emprendedoras, que elixiron en cada caso a materia ou área de negocio a tratar en cada sesión. Pita felicitou aos participantes neste programa municipal e desexoulles sorte no futuro dos seus proxectos, destacando a importancia “de que xente como vós aposte polo emprendemento e por levar a cabo un proxecto propio”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal