Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN ÁUREGA PROMOVEN A ACTIVIDADE "CIENCIA NA RÚA"
A concelleira de Igualdade, Mar Gómez, explicou que a través desta proposta se reivindicará o papel da muller na ciencia ao longo da historia
Narón, 16 de marzo de 2023. O Concello colabora coa asociación Áurega (Asociación de familias de nenos con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais) na organización da actividade “Ciencia na rúa”, enmarcada no programa de actos do Día Internacional das Mulleres. A edil de Igualdade, Mar Gómez, indicou que a cita terá lugar a partir das 17.00 horas na praza da Gándara e avanzou que no caso de choiva se trasladará ao pavillón da Mocidade, tamén na Gándara. Este evento de divulgación, baixo o lema “Día da Muller e a nena na ciencia”, permitirá aos asistentes profundizar no importante papel que xogaron na ciencia recoñecidas mulleres. Robótica educativa, drons terrestres, proxectos Steam (ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas) e experimentos. Todos os obradoiros excepto o de robótica serán de participación libre, se ben no citado haberá que inscribirse –de balde- previamente antes da realización do evento o propio día. Obradoiros de física e química, de catapultas, drons, e unha exposición de First Lego League completan un programa a través do que se explicarán fenómenos do día a día e tamén outros curiosos, iniciando aos participantes en conceptos como o pseudocódigo, a programación e a pilotaxe de drons aéreos e terrestres. A maiores, tal e como recalcou Gómez, incidirase na importancia de reivindicar o papel da muller na ciencia ao longo da historia.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal