Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE O VINDEIRO LUNS E MARTES Á CIDADE
O vehículo estará estacionado o luns nas inmediacións do centro de saúde e o martes xunto á praza da Constitución, na Solaina
Narón, 17 de marzo de 2023. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns día 20 e o martes 21 na cidade. O vehículo permanecerá operativo o primeiro día de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas nas inmediacións do novo centro de saúde e na xornada do martes entre as 15.30 e as 21.00 horas na praza da Constitución, na Solaina. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal