Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ADMITIDAS TODAS AS SOLICITUDES DE PRAZA PRESENTADAS PARA AS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que aínda quedan algunhas vacantes nas franxas de 0 a 1 e de 2 a 3 anos
Narón, 1 de maio de 2023. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, informou que todas as familias que solicitaron no período estipulado praza para o vindeiro curso 2023-2024 nas tres escolas infantís municipais da cidade obtivérona. A edil naronesa indicou que tanto na franxa de 0 a 1 anos como na de 2 a 3 hai aínda prazas nas escolas infantís da Gándara, A Solaina e Piñeiros, se ben se esgotaron as da franxa correspondente a 1-2 anos. Así mesmo, as familias interesadas no horario de tarde poden solicitar aínda praza na escola infantil municipal da Gándara, que ofrece o servizo de 15.30 a 19.30 e de 16.00 a 20.00 horas, tal e como recordou. Neste caso as matrículas poden tramitarse a través do Rexistro municipal de luns a venres de 8.30 a 13.30 horas. A través da web municipal buscocole.naron.es as familias dispoñen de completa información e orientación sobre os centros de ensino da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal