Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A XUNTA DE PERSOAL DO CONCELLO DE NARÓN CONDENOU A POSTURA DO SINDICATO CGT CON RESPECTO AO LABOR DO PERSOAL DOS OPERATIVOS DE SEGURIDADE E SANITARIOS DAS FESTAS DO ALTO
Os integrantes do colectivo defenderon a profesionalidade de todas as persoas que interviñeron no plan de seguridade do evento
Narón, 3 de maio de 2023. A Xunta de Persoal do Concello de Narón condenou publicamente o feito de que a pasada fin de semana o sindicato CGT “utilizase un accidente totalmente fortuíto nunha atracción das festas do Alto do Castiñeiro para poñer en dúbida o excelente traballo que realizou todo o persoal que estivo nos operativos de seguridade e sanitarios”. Dende a Xunta de Persoal manifestaron o seu total apoio ás compañeiras e compañeiros que estiveron traballando durante toda a fin de semana no marco do plan de seguridade das festas: axentes da policía nacional e local, persoal do Speis, persoal técnico sanitario, da empresa de limpeza Urbaser, de servizos externos, de Protección Civil e persoal administrativo do Concello. “Estes colectivos teñen de sobra demostrada a súa profesionalidade en todos os eventos organizados polo Concello e nos que participaron neste e noutros anos, polo que contan co noso total apoio polo seu importante e exemplar labor”, recalcaron dende a Xunta de Persoal. Así mesmo, dende o colectivo lamentouse que “un sindicato que debe defender o traballo da clase traballadora utilizase un feito puntual para realizar unhas manifestacións na liña totalmente contraria”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal