Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A FESTA DOS MAIOS ORGANIZADA POLO PADROADO DA CULTURA E A SOCIEDADE CULTURAL AREOSA CELEBRARASE ESTE SÁBADO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o evento acompañada por Maribel Mouriz, María José Yáñez e Abel González, de Areosa
Narón, 3 de maio de 2023. A alcaldesa de Narón e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, e Maribel Mouriz, María José Yáñez e Abel González –vicepresidenta, tesoureira e integrante respectivamente- da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, presentaron esta mañá a programación da festividade dos Maios, que terá lugar este sábado, día 6. Ferreiro destacou o traballo realizado dende Areosa para poder desenvolver un ano máis este evento festivo e tamén agradeceu “a implicación das veciñas e veciños e dos escolares da cidade que cada ano elaboran maios que se poderán ver o sábado na Praza de Galicia. A programación comezará ás 11.00 horas no pavillón poliderpotivo do colexio de Piñeiros donde se elaborará unha gran alfombra floral cun deseño do artista naronés Leandro Lamas e cunhas dimensións de dez metros de longo por dez de ancho. Na decoración da mesma, unha vez deseñada, poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Así mesmo, tamén pola mañá haberá un obradoiro de arte floral, no que se amosará como se realizou o traballo realizado nos organizados dende o Padroado da Cultura. Ás 16.30 horas será a concentración dos Maios con música tradicional a cargo dos grupos do Padroado da Cultura. Haberá tamén na praza unha Mostra de Arte floral, cos Maios realizados tanto nas entidades veciñais como nos centros de ensino, nos que o alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Primaria participou nos obradoiros impulsados cada ano dende o Padroado. A alcaldesa e os integrantes da Sociedade Cultural Areosa animaron ás veciñas e veciños a festexar un ano máis a chegada da primavera con esta celebración e desfrutar dunha xornada con carácter interxeracional, moi participativa e cun marcado carácter tradicional.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal