Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DENUNCIA A PARÁLISE DAS OBRAS QUE REALIZA A XUNTA NUN TRAMO DO CAMIÑO INGLÉS AO SEU PASO POR NARÓN
A edil de Turismo, Natalia Hermida, instou á Xunta a proceder a restaurar á maior brevidade a situación e rematar as obras
Narón, 10 de maio de 2023. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, remitiu un escrito á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia denunciando a parálise nunha actuación impulsada pola administración autonómica no citado tramo, ao seu paso pola cidade. A edil naronesa enviou á entidade un informe realizado dende o departamento municipal de Disciplina Urbanística e acompañado dunha reportaxe fotográfica na que se informa da situación. “Hai un mes que enviamos o informe e aínda non recibimos resposta algunha da Xunta de Galicia”, lamentou Hermida. A concelleira de Turismo denunciou “o abandono da Xunta de Galicia con esta intervención nun espazo de peregrinación moi concurrido e que forma parte do noso patrimonio”. A edil naronesa explicou que tamén se puxo en coñecemento desta situación á Asociación de Concellos do Camiño Inglés, por se houbese máis concellos afectados por esta situación. “Diversas entidades e particulares trasladáronnos tamén a súa preocupación polo estado de abandono desas obras de empedrado localizadas nun tramo de Longras cara ao Couto e da existencia de depósitos de material á beira dun camiño dende hai máis de dous meses e á altura do Camiño da Fonte do Vilar que impide neste último caso o acceso a unha finca particular”, asegurou Hermida. Dende o Concello requeriuse que se proceda á maior brevidade ao remate das obras e, de non ser posible, á retirada inmediata ou á recolocación do depósito do material indebidamente depositado a día de hoxe na zona indicada.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal