Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A NARONESA MARTA TEIJIDO PRESENTARÁ MAÑÁ NA BIBLIOTECA O SEU LIBRO "PAULA Y SU HERMANO"
O acto, aberto ao público en xeral, tal e como recordou a edil de Bibliotecas, Mercedes Taibo, dará comezo ás 18.30 horas na sala multiusos da planta soto
Narón, 11 de maio de 2023. A Biblioteca municipal acollerá mañá o acto de presentación do conto “Paula y su hermano”, obra da naronesa Marta Teijido. Así o anunciou a concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, que avanzou que o acto dará comezo ás 18.30 horas na sala multiusos da planta soto das citadas instalacións. O acto estará aberto ao público en xeral ata completar a capacidade da sala. O libro, publicado por Apuleyo Ediciones, aborda o mundo das emocións dende o interior dunha nena, Paula, que está a piques de converterse en irmá. Os lectores da obra poderán identificarse con moitas das emocións que experimentan as nenas e nenos que viven esta situación. O libro, que completa a dilatada traxectoria da autora, que xa publicou outros traballos, aporta pistas para que as familias aprendan a traballar a intelixencia emocional cos seus fillos e fillas. A edil de Bibliotecas animou ás veciñas e veciños a acudir a este acto para coñecer o último traballo de Marta Teijido, da que destacou a súa traxectoria como escritora e autora de traballos de investigación e artigos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal