Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INFORMA DA ENTRADA EN SERVIZO DE MÁIS DE MEDIO CENTO DE COLECTIRES DE PILAS USADAS EN EDIFICIOS E ESCOLAS MUNICIPAIS
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, agradeceu de antemán a implicación veciñal en materia de colaboración
Narón, 12 de maio de 2023. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, informou da instalación de algo máis de medio cento de colectores de pilas usadas en edificios e escolas municipais. “Este novo servizo, incluído no contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns, favorecerá aínda máis a reciclaxe das pilas usadas, que tamén se poden depositar nos novos puntos limpos de proximidade e no Punto Limpo localizado no polígono de Río do Pozo”, explicou. A Casa da Mocidade, o Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, o Auditorio municipal, o Pazo da Cultura, a Casa da Cultura, a Biblioteca Municipal, os centros de maiores, Aldea Nova, o Muíño de Pedroso, as instalacións do Speis e de Sevizos, os centros cívicos sociais da zona urbana e rural, o campo de fútbol do Feal e o pavillón da Gándara son, a maiores dos centros de ensino, os espazos nos que se instalarán os colectores. O edil de Servizos apuntou que “as pilas teñen unha serie de compostos químicos que teñen efectos nocivos no medio ambiente, polo que é moi importante concienciarnos da importancia de depositalas nos colectores axeitados, ao igual que outros materiais e produtos”, ao tempo que agradeceu a implicación veciñal en materia de colaboración.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal