Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ANAV ENTREGOU HOXE NO CONCELLO A PLACA AO MÉRITO DE PROTECCIÓN CIVIL NA CATEGORÍA DE PRATA A RAFAEL PAZOS, INSPECTOR XEFE DO SPEIS DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu o acto acompañada pola secretaria da ANAV, Oliva García, e o concelleiro de Protección Civil e SPEIS, Román Romero
Narón, 15 de maio de 2023. A Asociación Nacional de Voluntarios de Protección Civil (ANAV) entregou esta mañá no Concello a placa ao Mérito da ANAV Protección Civil na categoría de prata a Rafael Pazos, inspector xefe do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Narón. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu o acto acompañada pola secretaria da ANAV, Oliva García, e o concelleiro de Protección Civil e SPEIS, Román Romero. Para min é moi satisfactorio cando hai xa un tempo me consultaron a posiblidade de conceder este recoñecemento, máis satisfactorio aínda entregalo na miña casa, en Galicia e neste concello de Narón e aínda máis facerlle entrega do mesmo a un compañeiro que leva máis de 25 anos apostando polas Emerxencias e cun gran compromiso e tesón”, asegurou García. Así mesmo, trasladoulle os parabéns no seu nome propio e no do presidente da ANAV, que por cuestións de axenda non puido asistir ao acto. Oliva García entregoulle a medalla a Rafael Pazos e un diploma para, a continuación, tomar este último a palabra. Moi emocionado e acompañado no salón de plenos por varios familiares e amigos, compañeiros e compañeiras da Policía Local, de Protección Civil e do SPEIS, integrantes da corporación e persoal funcionario, Pazos deu as grazas por esta distinción. “Grazas a todas e todos vós por confiar e facer posible que o día a día sexa un pouco máis sinxelo”, asegurou, incidindo no papel da súa familia, fundamental nese día a día. “Levo 32 anos de voluntario e ao longo dun camiño de subodas e baixadas vanse conseguindo cousas”, afirmou, asegurando que “hai que apostar sempre ao cen por cento”. A alcaldesa tomou de novo a palabra para dar os parabéns ao homenaxeado. “A túa vocación de servizo dende hai 32 anos pon de manifestó moitas cousas, obviamente a túa profesionalidade e sobre todo, cando fas voluntariado quitando tempo a outras cousas, sobre todo á familia”. Ferreiro asegurou que “me enorgullece moitísmo que te tiveran en conta para a concesión desta distinción” e agradeceu a continuación “o labor do resto de compañeiros e compañeiras de Protección Civil”. “Sodes un pilar moi importante na nosa sociedade e no noso concello e non poderiamos celebrar todos os actos que organizamos sen a vosa implicación”, recalcou. No acto estiveron tamén presentes representantes da Cátedra de Protección Civil e de Protección Civil doutros concellos da comarca, que quixeron acompañar ao homenaxeado.

<<< Maio 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal