A EMPRESA NATURGY ANUNCIOU POSIBLES CORTES NO SUBMINISTRO ELÉCTRICO O VINDEIRO LUNS EN RÚAS DA ZONA URBANA
A medida, segundo anunciou a compañía eléctrica, será efectiva entre as 02.00 e as 04.00 horas
Narón, 21 de xuño de 2023. O Grupo Naturgy informou ao Concello que o vindeiro luns, día 26 deixará fóra de servizo unha serie de instalacións eléctricas na cidade, o que podería provocar interrupcións no subministro eléctrico en varias zonas. A compañía explicou que a medida responde á necesidade de realizar traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica.
O corte programado será entre as 02.00 e as 04.00 horas e afectará ás rúas Catro Camiños, Colmeote, Bispo Argaya, Goicoechea, Rafael Bárez e Vilalba
Dende a empresa solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.