Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CHARLAS VIAXEIRAS, MÚSICA, OBRADOIROS, LITERATURA E DEPORTE PARA CELEBRAR O GULLIVER FEST DO 11 AO 13 DE AGOSTO
A área recreativa de Pedroso acollerá a cuarta edición deste festival da cultura viaxeira
Narón, 24 de xullo de 2023. As edís de Festas, Mar Gómez, e Turismo, Natalia Hermida, desprazáronse esta mañá á zona da área recreativa de Pedroso para presentar xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, da Asociación FurgoGalicia, a cuarta edición do Gulliver Fest. Este festival da cultura viaxeira desenvolverase do 11 ao 13 de agosto na citada ubicación, ofertando á cidadanía unha ampla variedade de propostas pensadas para todos os públicos, entre elas concertos, obradoiros e as recoñecidas charlas viaxeiras. O Concello de Narón organiza a convocatoria co Padroado da Cultura e a Asociación FurgoGalicia. O día 11 de agosto ás 10.00 horas abrirase a zona camper de autocaravanas. As persoas que desexen acudir coas súas furgonetas, caravanas e autocaravanas poden reservar praza –capacidade limitada- a través do enlace: https://www.furgogalicia.org/entrada-gulliverfest-2023/ ou da web: www.gulliverfest.es, onde se ofrece toda a información deste evento e tamén se pode asistir en modo glamping. A apertura oficial do festival será ás 16.00 horas e ás 16.30 comezará un obradoiro de Upcycking para continuar ás 18.00 horas coa primeira charla viaxeira, “Hachiko en ruta”, na que Jorge, un mecánico especialista nómada, contará a súa experiencia de vida dende o ano 2020 nunha Sprinter James Cook transformada por el mesmo a 4x4. Ás 19.00 horas haberá un obradoiro de bushcraft e ás 22.30 música con DJ Imar. As actividades deseñadas para toda a fin de semana e os concertos son de acceso libre. O sábado ás 9.00 horas haberá unha carreira de orientación, cun carácter popular e para a que haberá que inscribirse, podendo facelo a través da propia web do festival. Ás 9.30 horas haberá unha sesión de ioga e ás 10.30 hora a segunda charla viaxeira do programa, con Luis Simoes, autor do proxecto World Sketching Tour, iniciado no ano 2012 e que amosa o lado positivo do mundo a través da forma de debuxos e o fogar de aventuras en bicicleta polos cinco continentes de Luis e Anisa. Seguirá o programa ás 11.15 horas unha nova charla viaxeira, nesa ocasión a cargo de Paula Belenda, que contará como facer unha gran aventura, relatando experiencias propias como mochilera por diferentes países. A apertura do mercado e a biblioteca dende as 12.00 horas, representacións teatrais, o concerto de SR X e dúas presentacións, unha Campecover e outra de Barvantia, completarán a programación matinal, que se retomará ás 16.30 con novas representacións teatrais e un obradoiro de chapas do Gulliver Fest. Ás 18.00 horas comezará unha nova charla viaxeira, con Africanlanders, Esteve e Laia que percorreron durante un ano África en 4x4 e transporte público e ofrecerán numerosos consellos de viaxe. Ás 19.00 horas haberá outra charla viaxeira, pendiente de confirmar os ponentes e dende as 20.00 horas actuarán Bulbalkan, Arima Soul, La Duendeneta, e Alademoska. O último día, o domingo 13 comezará a cita con ioga, ás 9.30 horas unha sesión de iniciación á marcha nórdica para a que tamén se poden inscribir xa as persoas que o desexen a través da web do festival. Ás 10.30 haberá un obradoiro de Luis Simoes e a continuación Leandro Blanco, un nómada que falará precisamente en primeira persoa de como vencer os medos para ser nómada. A partir das 11.30 horas haberá xogos populares e dende as 14.30 música con Trópico de grelos, Xoubas, La Duendeneta, La Ganga Calé e finalmente ás 19.00 horas pechará o festival La Duendeneta. Dende o Concello e a Asociación FurgoGalicia destacouse a programación desta edición e animouse á cidadanía de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita, unha das máis consolidadas na cidade e que reúne cada ano a centos de amantes dos viaxes. “As charlas viaxeiras, a música, as actividades infantís, deportivas e obradoiros compaxínanse á perfección nun espazo natural dos máis prezados da cidade para desfrute de todas as persoas que desexen vivir esta experiencia”, destacaron dende o Concello.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal