Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGADOS OS VALES DAS QUINCE CEAS SORTEADAS NA RUTA DEGUSTACIÓN DO PEMENTO DO COUTO ORGANIZADA POLO CONCELLO
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, destacou a implicación da cidadanía e do sector hostaleiro para que a iniciativa fose novamente un éxito
Narón, 26 de xullo de 2023. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregou esta mañá no Concello os vales das ceas sorteadas no marco da Ruta degustación do pemento do Couto, unha iniciativa impulsada dende o Concello e dirixida ao sector hostaleiro local. En total, quince persoas resultaron gañadoras doutras tantas ceas en establecementos adheridos a esta convocatoria, coa que se aposta por promocionar o pemento do Couto e, ao mesmo tempo, a hostalería da cidade. A pasada semana realizouse no Concello o sorteo no que resultaron premiadas as papeletas de Pilar Freire (na cervecería Siete Catorce); Eva Rico (O Rincón de Trini); Verónica Perille (ambigú da AVV Altea, en Xuvia); Marcos Caínzos (Tyche Narón); Rebeca Gebhard (A Roldana); Sergio Mojón (Colonial 1920); Raúl Antón Ferreiro (La Perfect@); María Teresa Díaz (El Olivo Cociña@Bar); Nuria Arias (cervecería Australian); María Jesús Rodríguez (restaurante Mama Flora); Diego José Leal (Casa Sindo); Rubén Eduardo Serrano (O Lugar); Manuela Lorenzo (La Continental); María Manuela Muíño (cervecería Silver) e María del Carmen Castro (cervecería Nueva Orleáns). Entre os días 7 e 16 de xullo nos citados establecementos serviron á clientela coas consumicións tapas elaboradas con pemento do Couto. Todas as persoas que cubriron as papeletas que entregaban nos quince locais participaron no sorteo e poderán desfrutar dunha cea para dúas persoas valorada en 100 euros no establecemento no que resultaron premiadas. O prazo para canxear o vale da cea rematará o vindeiro 3 de setembro, tal e como se explicou aos gañadores e gañadoras. Olga Ameneiro felicitou ás persoas que recibiron o premio e agradeceulles a súa participación nesta iniciativa. Así mesmo, destacou “a implicación, unha vez máis, do sector hostaleiro local, que conxuntamente coa cidadanía fixo que esta proposta da Ruta degustación do pemento do Couto resultase todo un éxito”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal